A humanidade somos verdugos.
Asasinos sanguentos do útero terreal que nos veu nacer.
Somos merda fedorenta.
Vertedoiro resumo da ansia de poder e egoísmo humanos.
Amantes salvaxes da nosa propia destrucción.
Os humanos revolcávonos no deterioro anímico alleo.
Convertemos unha fala fermosa nunha lingua agónica.
Agochamos verbas que sobreviven a golpe de cotres ruxidos.
Choramos e rimos á vez do noxo estúpido que nos acolle.
E mentres, o mundo morre.
A nosa Terra entólece e rompe.
Crébase en infinitos anacos.
Crack, crack, crack...
Xa se escoita de lonxe o fin.
O fío da macheta espreitando nos miolos.
Sen tempo.
Non hai tempo.
Non o hai, non.
Tic-tac, tic-tac, tic-tac...
O ruído fero e xordo do reloxo enxordece os témpanos do frouxo infantil.
Baixo estoupidos mornos de baixeza se agocha o culpábel.
Con agasallos e doces de traizón mollada fire o clímax o moi cabrón.
Non ten que perder nin deber.
É xiz feble todo de seu.
Cicuta agónica no reino de Deus.
E pois que iste é momento de facer.
Facer tremelicar e fuxir sen máis coa cabeza gacha e a honra morta.
Con este sereo friame que nos apreta a gorxa.
Espidos nacemos e espidos morreremos.
Unha vida cunha ialma e un catavento.
Sen rumbo nen ritmo.
Follas mortas unidas na mesma árbore.
Adeus amigo, adeus.
Voume para non volver xamais.
Nin xamais.
Endexamais.
Para nunca máis…
¡Adeus meu ben, adeus!
XIV-XII-MMVI
Anna Atennea Érebo Euterpe

Sixilosamente asómome a tan ilustre blog e con vergoña pausada publico un dos meus humildes e absurdos escritos.
Adícollo á Safo, sendo a súa tenra ilusión a que me fai sorrir e seguir rasgando papeis coa pluma.
Un biqo a tod@s!! =D http://www.fotolog.com/atennea_anna
*Anna Atennea*
3 comentarios:
Yo quiero la traduccion,
He dicho!
:P
¡¡Y yo, y yo!! ^^
yo al verdad e sue tengo el gallego un poco olvidado y hay varias lagunas...ti. porfiiiis*_*
moitos bicos miña bolboreta
Publicar un comentario